O BNG apoiou as xustas reivindicacións do sector pesqueiro

Desde o BNG de Ribeira quixemos mostrar publicamente o noso apoio ás reivindicacións do sector pesqueiro do noso municipio.

Apoiamos tamén as súas demandas entre elas, a que máis oposición está a provocar, como é a de non retirar as nasas do mar durante as fins de semana como se especifica o novo Plan que lles propón a Consellaría de Medio Rural e Mar. Isto suporá, non só un ataque ás economías dos/as naseiros/as, senón que tamén é un agravio comparativo con respecto a outras zonas que non se lles esixe a retirada. Tan só terán que retiralas os e as traballadoras que faenan desde Corrubedo até Cabo Silleiro.

Desde o BNG entendemos que hai que apoiar os nosos sectores produtivos, xeradores de riqueza e postos de traballo no País, onde Ribeira xoga un papel destacado. Ademais é preciso favorecer as artes de pesca artesanais coma esta xa que as especies que queden atrapadas poden ser devoltas ao mar case sempre vivas. Cremos preciso favorecer artes selectivas de pesca fronte as que arrasan e esquilman as nosas rías.

Finalmente pedímoslle á Consallaría de Medio Rural e Mar que atenda as demandas do sector pesqueiro . Teñen que sentar a falar para chegaren a acordos que sexan beneficiosos para o sector e para o mantemento dos recursos pesqueiros así como tamén, garantir os postos de traballo.

Fotos: Manifestación sector pesqueiro
Vídeo: Percorrido manifestación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *