28 de xuño, Día Internacional da Liberación LGTB. Loitando para unha normalidade plena

Desde o BNG de Ribeira queremos amosar o noso recoñecemento a este día e ás persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Hoxe é unha xornada de loita para nós e debe selo para todos/as.
Resaltamos que a día de hoxe aínda non acadamos a normalización social con respecto á liberdade sexual de tódalas persoas senón o contrario: desde sectores como a dereita ou desde a Igrexa son remisos e mesmo pretenden limitar os dereitos das persoas LGTB.LGTB Ribeira

Cremos necesaria a implicación das institucións e dos poderes públicos para acadarmos unha normalidade plena e que se debe conseguir a través das políticas sensibilización, condena a actos discriminatorios, loita na rúa, pular polo respecto á liberdade individual da escolla sexual, etc. Por estes motivos manifestamos públicamente que, desde o BNG, estamos e estaremos sempre do lado das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, pulando pola igualdade de dereitos e a normalización social de todas as opcións de vida.

Os grupos políticos de Ribeira terán a oportunidade de mostraren o seu apoio ou o seu rexeitamento ás políticas de igualdade, xa que no pleno municipal que se celebrará o luns, poderán votar a favor da moción presentada polo BNG.

Finalmente demandámoslle ao Concello de Ribeira que teña un xesto significativo colocando algunha bandeira nun lugar visíbel como nos mastros da praza do Centenario ou no Concello e que faga un comunicado institucional onde se poña de manifesto o apoio do Concello de Ribeira aos dereitos das persoas e da liberdade sexual. dereitos das persoas e da liberdade sexual. Non pretendemos que sexa un xesto baldeiro: esperamos que as institucións gobernadas polo PP deixen as súas posicións ambiguas ou mesmo regresivas no eido da sexualidade e muden a súa actitude cara á tolerancia e a igualdade de todas as persoas. Cara a aí é cara a onde debemos camiñar todos e todas.

Moción Completa: Moción a prol dereitos LGTB Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *