Solicitamos melloras en Carreira e Palmeira

Vimos de presentar no Concello unha moción para debater no pleno deste mes, onde pedimos o acondicionamento e mellora da Praza da Guía en Carreira.

No lugar de Antromatos, atópase a capela da Guía, establecementos comerciais, o Campo da Festa e o futuro Centro Social de Carreira, alén de ser un punto de encontro para a veciñanza do lugar. Actualmente o material que predomina na zona é o formigón, tanto para o chan como para o mobiliario urbano (bancos e maceteiros) por iso pedímoslle ao Concello de Ribeira que amañe a zona con materiais que realcen o patrimonio arquitectónico e patrimonial.

Moción Completa: Moción BNG Ribeira Capela da Guía Carreira
Máis fotografías: Flickr BNG Ribeira

Tamén en Carreira e no lugar de Toxeira de Antromatos e Barrosas, preto do entorno da capela da Guía hai un grupo de casas que non contan coa conexión ao saneamento aínda que pasa a escasos metros e lévanllo solicitando ao Concello durante moito tempo. Ante desta demanda veciñal, solicitamos que o Concello dote estas vivendas do saneamento que merecen.

Solicitude Completa: Solicitude Antrosmatos BNG Ribeira

No caso de Palmeira, trátase dunha obra que realizou a empresa Fenosa na Rúa do Norte, na cal a empresa rompeu unha tubaxe de saneamento. Isto provocou que unha veciña da rúa tivese unha inundación de augas fecais na súa vivenda e, a pesar de que a empresa foi informada dos danos, aínda non se procedeu á súa reparación. Por esta razón pedímoslle información ao Concello sobre o control das obras que realiza a empresa Fenosa e se se lle está demandando que amañe os desperfectos ocasionados.

Solicitude Completa: Pregunta en relación ás Obras da empresa FENOSA. BNG Ribeira

One Comment on “Solicitamos melloras en Carreira e Palmeira”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *