Recollemos diversas demandas da veciñanza de Ribeira

Vimos de demandarlle ao equipo de goberno do Concello de Ribeira diversas solicitudes que a veciñanza de Ribeira nos trasladou e das que nos facemos cargo.

- Solicitude duns pasos de peóns en Xarás: os veciños e veciñas de Xarás teñen entre o parque de bombeiros e as vivendas sociais dúas paradas de autobús polo que teñen que atravesar as estradas que van cara Artes e cara o Hospital se queren coller o transporte público. A día de hoxe non teñen un paso de peóns nin lugar habilitado para poder atravesar as rúas polo que solicitamos un sitio seguro e sinalizado por onde poidan facelo.
Solicitude Completa: Solicitude paso de peóns Xarás


- Solicitude dunha marquesiña de autobús en Artes: na estrada que vai cara o Hospital, logo de pasar o polígono insdustrial, había unha marquesiña onde moitos veciños e veciñas agardaban para coller o transporte público, mais desde hai un tempo a marquesiña retirouse e non se instalou outra. Por iso desde o BNG facémonos cargo das demandas da xente e de conductores de autobús para que se instale outra e a xente non teña que agardar de pé ao sol ou á chuvia.
Solicitude Completa: Solicitude marquesiña Artes

- Solicitude papeleiras na rúa Manzanares de Bandaorrío: veciños e veciñas desta rúa comentáronnos que non había papeleiras en toda a rúa e que era algo que non lles gustaba. Por este motivo tamén decidimos pedirlle ao Concello de Ribeira que instale unhas cantas papeleiras nesta rúa para que as persoas que pasen por alí poidan ter un recipiente onde tira-lo lixo.
Solicitude Completa: Solicitude papeleiras Manzanares

Unha reflexión sobre “Recollemos diversas demandas da veciñanza de Ribeira

  1. Pingback: Pleno maio 2013, entre a LOMCE e as preferentes | BNG de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *