Pleno febreiro 2013

O 25 de febreiro celebrouse o pleno ordinario do mes de febreiro que nos deixa os seguintes temas:

-Arranxo do campo de fútbol municipal da Tasca de Aguiño: conseguimos o apoio unánime de toda a corporación municipal para o amaño das deficiencias que padece esta instalación municipal e pola que pasan centos de deportistas cada semana. Deste xeito, conseguimos que se vaian facer actuacións para subsanar as deficiencias.
MOCIÓN COMPLETA: Actuación integral no campo da Tasca

-Residuos urbanos: neste punto o BNG presentou unha solicitude para que o Concello de Ribeira se comprometa a facer unha xestión máis sustentable dos residuos urbanos e que beneficie ao medio ambiente favorecendo a reutilización e a reciclaxe fronte ao modelo de SOGAMA no que se incinera practicamente todo o lixo tendo unhas porcentaxes de reciclado moi baixas. Tamén o PSdeG presentou unha moción relativa ao cambio á planta de tratamento de Servia onde a porcentaxe de reciclado é moito maior. Tanto BNG como PSdeG votamos a favor xa que isto traería importantes melloras medioambientais.
SOLICITUDE RESIDUOS URBANOS: Moción a favor da xestión ecolóxica e sustentábel do lixo.

-Actuación na estrada e entorno do Faro de Corrubedo: tal e como lle expuxemos ao grupo de goberno, a situación da estrada que leva ao Faro de Corrubedo está nun estado lamentable e que non é a primeira vez que se queixa a veciñanza da zona. A pesar de que levan máis de tres anos prometendo melloras, asfaltado, carrís bici, etc a medida que pasa o tempo o PP na Xunta de Galiza o goberno central e o Concello son incapaces de buscar unha solución axiña que resolva este problema. Malia todos os argumentos de peso e as fotografías que amosan o deterioro, o PP quedou só dándonos o apoio á moción PSdeG e IPdeR.
MOCIÓN COMPLETA: Arranxo e actuación no entorno do Faro de Corrubedo

-Reclamamos a creación dun regulamento de participación cidadá: ante o gran número de asociacións e de plataformas que existen no noso municipio, propuxemos que a veciñanza, poida intervir nun pleno directamente para tratar un determinado asunto sen mediación dos grupos políticos. Queremos que os plenos muncipais sexan máis democráticos e transparentes para que a xente poida intervir sen ningún problema, en difinitiva, facer á veciñanza moito máis participativa das decisións para podermos xuntos/as traballar polo ben de Ribeira. Con todo, para o PP, a creación do consello escolar, do consello de pesca, etc e dos e das concelleiras abondan, polo que non quixeron aprobar esta iniciativa que permitiría loitar contra a desafección que hai cara a política.
MOCIÓN COMPLETA: Proposición Regulamento de Participación Cidadá

Outros asuntos:
-Construción de beirarrúas en Sidreiras e amaño do Parque de Deán Grande
-Declaración Institucional a favor da frota pesqueira galega

Unha reflexión sobre “Pleno febreiro 2013

  1. Jorge Caamano

    El PP nombra un diputado imputado por falesdad documental y delito urbanístico
    Xornal de Galicia | Sábado, 06 Octubre, 2012 – 08:54

    El alcalde de Outes Carlos E. Lopez Crespo (PP) imputado por falsedad documental y delito urbanistico en Mayo del 2009 es un nuevo diputado en la Diputacion de la CORUÑA por el partido Judicial de Noia.
    Carlos E. Lopez Crespo (PP) autorizo ilegalmente la construccion de las instalaciones industriales de la empresa OyS Noroeste en terreno rustico, no urbanizable y sin la autorizacion de la Xunta de Galicia, en concreto un complejo de oficinas, una nave industrial, un garaje para la maquinaria y una zona de aparcamiento. UNA EDIFICACION TOTALMENTE ILEGAL, El alcalde y el secretario del concello, ambos fueron imputados por falsedad documental y delito urbanistico en Mayo del 2009.

    El Ayuntamiento de Outes esta denunciado por adjudicaciones irregulares (En Marzo de 2009 El alcalde Carlos E. Lopez Crespo ilegalmente y sin publicidad le dio obras a Oys Noroeste por importe de 124.000 euros donde le pertenecian a Adecon Obras pese a que su oferta era mejor) El Concello de Outes tiene otros cinco recursos por adjudicacion indebida pendiente de resolucion.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *