Solicitamos unha actuación integral no Campo da Tasca

O portavoz do BNG en Ribeira, Xosé Antonio Vázquez Cobas, visitou o Campo da Tasca de Aguiño da compañía de usuarios e usuarias deste campo, non só usado polo clube de Aguiño senón por outros do noso concello. Alí puideron comprobar o seu estado de abandono e deterioro. Cabe lembrar que o campo de fútbol cada fin de semana é moi utilizado e visitado posto que hai partidos de diferentes ligas e categorías.

Ante o seu mal estado, o BNG levará as demandas dos usuarios e usuarias ao pleno do mes de febreiro, onde pedirá que haxa melloras e un mantemento en condicións para este campo de fúbol.

Deficiencias máis graves:

-Gradas sen cubrir: isto orixina que os vestiarios que están debaixo, teñen importantes filtracións de auga cando chove.
-Filtracións na cantina: na actualidade cada vez que chove, entra a auga dentro dela e o pechamento está en mal estado.
-Mal estado dos aseos e vestiarios: faltan billas, lavabos soltos, instalación de auga ten perdas e a instalación eléctrica está en mal estado e é perigosa.
-Falta de hixiene: podedes ver nas fotografías a falta de limpeza das instalacións.

Ante todo isto, o BNG solicitará que haxa unha intervención integral na instalación municipal da Tasca que contemple a solución de todas estas deficiencias enumeradas.

Texto íntegro e fotos da Moción: Intervención integral no Campo da Tasca
Máis Fotos do Campo da Tasca:
Flickr do BNG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *