Demandamos o arranxo da estrada do Faro

O BNG, presentou hoxe un escrito para esixir o arranxo inmediato da estrada do Faro de Corrubedo. Non é a primeira vez que se demanda o arranxo desta estrada, pois veciños e veciñas, xa teñen protestado sen que os diferentes gobernos se movesen. A pesar de que é unha estrada de titularidade galega, o equipo de goberno de Ribeira, está parado e parece que non lle importa o seu deterioro.

Escoitamos a miúdo, do alcalde, que é importante promocionar o turismo e levar o nome de Ribeira polo mundo, pero de que serve promocionarmos Ribeira se logo non coidamos os entornos daqueles lugares máis visitados? O entorno do Faro de Corrubedo merece unha actuación urxente como o amaño da estrada, acondicionamento dos alboios e edificios próximos para integralos no entorno, etc.
Desde o BNG faremos o traballo oportuno para que os gobernos do Partido Popular tanto en Ribeira como na Xunta de Galiza se movan e amañen a estrada e o entorno deste lugar.

Moverase o goberno de Ribeira e esixirálles aos seus socios de goberno na Xunta que amañen esta estrada e acondicionen o entorno ou daralle as costas á veciñanza de Ribeira?

Texto Completo: Moción arranxo estrada e entorno do Faro de Corrubedo
——————-
Máis fotos no: Flickr do BNG

One Comment on “Demandamos o arranxo da estrada do Faro”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *