Galiza Nova apoiando ao estudantado na defensa do ensino público

A organización xuvenil Galiza Nova, estivo apoiando as manifestacións e concentracións que había en máis de 20 vilas e cidades do noso País este 6 de febreiro. Galiza Nova estivo tamén na Barbanza, neste caso estivemos en Rianxo apoiando ao estudantado desta localidade que se manifestou en defensa do ensino público galego e contra a regresiva reforma educativa da LOMCE.

Os continuos recortes en favor da ensinanza privada, redución de profesorado, aumento das ratios con ata 36 alumn@s na ESO, etc non van en beneficio do ensino público, só buscan o seu deterioro e precarización. Ademais coa LOMCE só se pretende impoñer o compoñente ideolóxico da dereita. Algo do que vai supor LOMCE é:

-Amplía fondos para a privada namentres reduce na ensinanza pública.
-Concertos con colexios que segregan por sexo.
-Empresarios nos consellos escolares dos ciclos de Formación Profesional Concertados.
-Competitividade entre centros en vez da cooperación
-Reválidas e máis trabas ao acceso da Universidade.
-O galego queda por detrás de relixión e como lingua estranxeira.

Por estes motivos e moitos máis Galiza Nova, organizacións estudantís, profesorado, estudantado, Anpas, etc  non deixará de loitar para impedir o deterioro do ensino público galego, único garante da igualdade social.

Mira tódalas fotos: Flickr do BNG-Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *