Solicitamos a aplicación da Lei de Memoria Histórica

O pasado mes de decembro, o BNG de Ribeira presentamos unha solicitude para que o Concello cumpra e faga efectiva a Lei de Memoria Histórica. Na devandita lei, recoñécese que se deben tomar as medidas necesarias “para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxetos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.
O proceso de substitución de simboloxía da ditadura comezou con algúns cambios como a rúa de Galicia ou a eliminación dalgúns escudos anticonstitucionais en edificios e fontes. Malia todo, continúan existindo numerosas mostras dun tempo que non merece ser homenaxeado nin exaltado. É por iso  que demandamos que se continúe coa eliminación de tódalas honras e distincións que aínda quedan no noso Concello. Esta non é a primeira vez que desde o BNG se demanda que se cumpra coa lei mais agora tamén nos unimos á Comisión para a Recuperación da Memoria  Histórica da Barbanza que está facendo un gran traballo de información e homenaxe a aquelas persoas que perderon a vida inxustamente.

Consulta a SOLICITUDE COMPLETAAplicación da Lei da Memoria Histórica
—————————————

Consulta aquí solicitudes anteriores: Lei Memoria Histórica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *