Pleno de xaneiro: o PP mostra o seu lado máis cruel e inhumano

O pleno do mes de xaneiro de 2013 deixounos os seguintes asuntos:

- Moción sobre Salvamento Marítimo, Seguros de Mal Tempo e Accidentes no Mar: a moción que o BNG presentou deixou unha imaxe, a falta de sentimentos e a crueldade do Partido Popular. A nosas propostas, pretendían que o servizo de Salvamento Marítimo non continuase a se deteriorar e buscaba un acordo para a defensa do servizo. Malia isto, para o PP e citamos textualmente “o servizo non se privatizou, conseguiuse un importante aforro, ten uns bos tempos de resposta e ademais moita veces só se rescataba a estranxeiros” e por iso votaron en contra. Dicir que grazas ao PP, as actuacións de rescates poderanse cobrar. O aforro acadado é de 13,5 millóns de € e o tempo de resposta vulnérase por parte da empresa adxudicataria sen que teña penalizacións, por exemplo, para rescatar á percebeira falecida en Oia o tempo de resposta foi de 40 minutos! E con respecto ós estranxeiros a rescatar, que facemos deixamos que morran no mar?
Consulta a MOCIÓN COMPLETA AQUÍ: Moción Salvamento Marítimo

-Moción para evitarmos os desafiuzamentos: ante a existencia dun grave problema social como é que hai xente que está sendo expulsada da súa casa para logo estar baleira e seguindo coa débeda ás costas, o BNG, ademais de presentar iniciativas a nivel estatal ou nacional, tamén quere actuar con medidas a nivel local. Desde o comezo da crise, houbo 9.000 familias afectadas, só en Galiza. Malia que o BNG esforzouse en chegar a acordos para que todas as forzas políticas do noso concello sumasen esforzos na loita contra este problema, o Partido Popular só aceptou o punto 5 da nosa moción rexeitando os puntos do 1 ao 4. O PP ficou só e opúxose a cousas como estabelecer un réxime especial no caso da execución de préstamos cando se refire á vivenda habitual, estabelecer a posibilidade de converter a hipoteca en aluguer, entre outras. Outra mostra da falta de sensibilidade do goberno local.
Consulta a MOCIÓN COMPLETA AQUÍ: Moción reforma lei hipotecaria e medidas desafiuzamento

-Gardería Infantil: neste punto tivemos que ver como as malas xestións do goberno fan mermar un servizo decisivo para calquera municipio. O servizo que presta a gardería infantil está a ter problemas debido a que as obras de ampliación non seguen adiante ao non haber empresas que asuman a súa realización. Ademais disto, estanse producindo baixas para este curso e das 130 nenos e nenas que antes ían á gardería, agora son 90 as que levan ata Aguiño, emprazamento provisional. Ante isto, a oposición abstívose ao considerar que é un servizo importante e que hai que necesidade de axilizar unha solución mais absténdose para amosar a nosa crítica ante a xestión de ampliación dun servizo fundamental.

-Solicitude dun paso de peóns elevado en Carreira: a demanda da veciñanza, está centrada nos pasos de peóns de Campos, xa que son paso obrigado para a parada do bus, estando tamén  diante dunha do que será farmacia e ante a elevada velocidade dos vehículos e o medo a que haxa atropelos.

Outros temas tratados:
-Desafectación de locais municipais para sindicatos UXT e CC.OO
-Cesión dunha aula á Comunidade de Montes de Oleiros.
-Cesión de dous vehículos á Comunidade de Montes de Carreira.
-Aprobación da ordenanza reguladora da venta ambulante.
-Modificación do regulamento de instalacións deportivas para poder dar de baixa a aquelas persoas que non paguen os servizos deportivos.
-Dedicación das pistas multideportivas en Aguiño e Carreira.
-Área de rehabilitación integral denegada polo equipo de goberno.
-Moción para manter o servizo que presta o GRUMIR ou crear un equipo equivalente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *