Roubo de combustible nos portos da comarca

O sábado 12 de xaneiro, membros do BNG da Barbanza reunímonos con transportistas e usuari@s dos portos da comarca, especialmente, c@s de Ribeira, por ser o máis afectado, polo grave problema que están a ter. Dicir antes de nada, que transportistas e usuarios, tiñan prevista unha concentración mais, debido ás inclemencias do tempo, preferiron facer unha reunión a cuberto no bar do porto comercial.

Na xuntanza, falouse de que levan padecendo roubos de combustible e desperfectos nos camións durante meses, mais que o problema se agravou dun tempo á actualidade. Ademais non son roubos illados senón que se están a producir nos diferentes portos da ría e son feitos por xente profesional. Pénsase iso porque rouban os litros necesarios para non incorrer en delito e que sexa considerado furto, de seren detidos pola policía.

Isto ocasiónalles importantes perdas económicas xa que teñen que reparar as tapas dos tanques e volver a enchelos, ante esta situación quéixanse pola pouca vixilancia que existe e da falta de coordianción entre Policía Local, Policía Nacional e Portos así como tamén da falta de espazo para gardaren, de xeito seguro, os seus camións.  Cabe lembrar que no proxecto de ampliación do polígono industrial, o BNG contemplaba unha zona vixiada para estacionamento de camións.

Ante isto, o BNG acordou levar o asunto ao pleno e reclamar que o Concello de Ribeira traballe para atallar o problema.

- Demandaremos unha maior presenza policial e unha coordinación entre Portos e as Policías.
- Levaremos esta problemática ao Consello local de Pesca para buscarmos solucións.
-Instaremos a que se execute a ampliación do Polígono Industrial contemplando unha zona vixiada para estacionamento de camións.
___________________________________________
- Máis fotos da xuntanza en: Flickr do BNG

4 Comments on “Roubo de combustible nos portos da comarca”

  1. señores, non olviden que a solución non pasa polo polígono industrial de Xarás. Como ben saberán, os conductores profesionais estamos sometidos a un severo e estricto réximen de horarios.Poñamos como exemplo que eu chego a Riveira as catro da tarde e poño o meu vehículo a facer o descanso de nove horas (descanso reducido xa que obligatorio e de 11 hs),e iso significa que ata a 1:00 da madrugada non podo mover o meu vehículo e o mellor a miña carga de peixe comenza as 11:00 ou as 12:00, co cual tería que facer unha pequena trampa que esta severamente sancionada si me colle a guardia civil, co cual se añade un novo problema. iso está ben para os camións que nin teñen horario para cargar, pero os que cargamos e levamos peixe e un pouco problemático. Agora sí, agardamos feitos e non boas palabras. Gracias polo interese.

    1. Luis, estou de acordo co que dis ti, o Polígono non é unha solución total pero si que vale como ben dis para algúns camións. Por outro lado, para xente que está no teu mesmo caso, pois a mellor solución é a coordinación entre Policías Local e Nacional con Portos para vixiaren iso.
      Tamén se poderían pechar as portas que hai no porto así como poñer en marcha cámaras de videovixilancia, etc.

      Grazas polo teu comentario e aportación.

      Luís Pérez Barral

  2. Supoño que a mellor solución e dotar ao porto de Ribeira da vixilancia que necesita que, por outro lado, xa o sector pesqueiro leva anos demandando e da que o BNG se fixo eco presentando iniciativas ante distintas institucións. Os roubos e desperfecto non só se producen nos camións. Tamén nos barcos atracados no peirao, especialmente nas embarcacións de pesca artesanal, que non contan con ningún tipo de vixilancia. A dotación de cámaras, feita no seu momento, resultou ser unha medida claramente insuficiente. Polo tanto, camioneiros e sector pesqueiro deberían xuntar esforzos para acadar solucións a unha reivindicación longamente demandada.

    1. Estou de acordo Armando, as portas e os peches dos pantaláns das planeadoras case sempre están abertas e as cámaras non van ou van mal. Como ben dis, se se fai todo ese investimento en seguridade será para que funcione e non para adornar.
      Agardemos que as demandas e o malestar expresado dean os seus froitos e comecen a espabilar e a traballar para dar con solucións. Pola nosa banda sabedes que tedes apoio e traballo.

      Un saúdo e unha aperta 😉

      Luís Pérez Barral

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *