Bo Nadal e ventureiro 2013

Un ano máis desde o BNG de Ribeira, aproveitando a figura do Apalpador, queremos felicitarvos o nadal e desexarvos un ventureiro ano 2013. Malia que estas datas están marcadas polas malas noticias no eido económico, queremos trasladarvos o ánimo e a enerxía necesaria para superar os malos momentos. Pola nosa parte, seguiremos traballando por mellorar a situación, pensando sempre nas persoas, que é o primeiro. Sen máis, lembrando esta frase de Castelao, recibide un agarimoso saúdo.
< < O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos. >>

E quen era o Apalpador?
O Apalpador, tamén chamado Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos e nenas polas datas de Nadal. Ata os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barrigas d@s cativ@s. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *