Pleno novembro 2012

No pleno ordinario do mes de novembro tratáronse os seguintes temas:

  • A veciñanza de Ribeira pagarémoslle máis a Aquagest: o Partido Popular aproba en solitario asignarlle unha contía maior á prevista inicilamente á empresa Aquagest, despois de que o mes pasado nos subise a tod@s as taxas municipais case un 3,5%. O concello terá que pagarlle máis dos cartos de todos e todas nós, a pesar de que o BNG intentou o contrario.

  • Moción da etiquetaxe obrigatoria dos produtos galegos do mar para a conserva ou transformación: O Parlamento Europeo –coa oposición do BNG- aprobou unha emenda presentada pola deputada Carmen Fraga, do Partido Popular, que suprimía a exixencia, inicialmente contemplada no documento da Comisión de Pesca,de incluír a orixe do produto e a súa denominación comercial na etiquetaxe das conservas, favorecendo así a entrada de mexillón foráneo. Polo que as cons umidoras e consumidores non imos ter dereito de coñecer os produtos que consumimos, máis cando se trata de produtos galegos, como o mexillón (Galiza é a primeira potencia europea na produción de mexillón). Pois ben, o concelleiro do PP, Anxo Orellán, entre mentiras e chistes varios, non tivo escrúpulos en defender a posición da súa colega de partido. Isto parécenos de vital importancia para que os produtos galegos non perdan a súa etiquetaxe que especifica de onde é o produto.  Preme para ver a moción completa: Moción Etiquetaxe Obrigatoria Produtos Galegos do Mar

  • Moción 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, Non aos recortes na protección das vítimas: nesta moción conseguimos o apoio do Partido Popular para aprobarmos o primeiro punto, non sendo así os dous restantes. Parece que para o equipo de goberno de Ribeira non lle interesa garantir que as mulleres maltratadas non paguen as novas taxas xudiciais ou que conten con asistencia psicolóxica, cando o precisaren, opoñéndose frontalmente a aprobaren estes puntos. Preme para ver a moción completa: Moción 25 Nov Recortes Protección Vítimas Violencia Xénero

  • Polémica coa denominación de Martín Códax para a casa da cultura de Castiñeiras. Poeta ou viño?: Ante a moción presentada polo PSOE relativa a melloras na parroquia de Castiñeiras, a concelleira de IPR, propuxo denominar a casa da cultura, Miguel Hernández, nós dixemos que, xa que temos unha cultura propia, podíaselle pór un nome de, por exemplo, Martín Códax, trobador galego medieval do século XIII-XIV. Ante isto, a concelleira de xuventude e igualdade, exclamou “Como se lle vai poñer á casa da cultura o nome dun viño!” Ante esta falta de respecto, explicámoslle quen era para que en vindeiras ocasións poña en valor a cultura propia de Galiza.

    • Outros asuntos tratados: Contratación dun informe urbanístico por persoal independente, que avalíe o procedemento na concesión de licenzas de oba no barrio de Abesadas // Que o edificio de capitanía pase a mans do concello // Peche da Axencia Consular de EE.UU na Coruña.

    • One Comment on “Pleno novembro 2012”

      Deixa unha resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *