Pleno de outubro 2012

O pasado luns, 29 de outubro, tivemos o pleno ordinario en Ribeira. Uns dos asuntos tratados foron os seguintes:

  • Suba de tódalas taxas municipais un 3,4%: A pesar de que o BNG loitou por introducir cambios que supuxesen unha rebaixa ou unha conxelación das taxas, o PP non atendeu ás nosas explicacións. O equipo de goberno de Riberia non quere axudar á xente neste contexto de crise económica e onde os diferentes gobernos (Estado e Xunta) xa subiron o IVE, o IBI, IRPF, etc sen que houbese un aumento dos salarios, cos prexuízos que iso nos trae a todos e todas nós. A proposta do BNG era a de conxelar as taxas ou ben tomar a inflación de agosto para que só subisen un 2% fronte a case un 3,5%, tal e como se fixo noutros concellos. O PP aprobou en solitario a súa proposta.

  • Festivos locais: Outro ano máis, o Bloque Nacionalista Galego, parece ser o único que se lembra da Festa da Dorna, unha festa importante e a máis coñecida de Ribeira. Quixemos, un ano máis, reivindicar a festividade local para o 24 de xullo mais o goberno local preferiu manter as datas que xa había.

  • A ordenanza das terrazas: Apróbase unha ordenanza que traerá consigo algúns cambios significantes para a ordenación e o uso das terrazas de Ribeira. Consideramos que é unha ordenanza que pode mellorar a estética e que permite compatibilizar o descanso coas horas de lecer, así e todo no BNG abstivémonos por varias razóns. Unha delas foi o estrito horario que impón, ata a 1.30 de maio a setembro e ata as 12 da noite o resto do inverno. Ademais incidimos en que debía contar con maior participación do sector da hostalaría. (Máis info aquí: TRÍPTICO BNG - Ordenanza Terrazas)

  • Problemática de protección civil: tamén se abordaron os asuntos que tiñan que ver coa problemática de protección civil, o grupo municipal de intervención rápida (GRUMIR) e do equipo de socorristas. O alcalde recoñeceu que houbo un erro na elaboración das acreditación identificativas. O BNG dixo que nada tería pasado, nin se tería creado esa alarma no verán, de facer un comunicado e unha rolda de prensa aclarando a situación cando se coñeceu o caso. Malia todo, o BNG congratúlase de que o goberno municipal dese as explicacións. (Máis info sobre os socorristas aquí: Presunta falsidade dcoumental socorristas)

  • Outro puntos:
    -Regulamento de matrimonios civís.
    -Cesión de dúas vivendas, unha para Ámbar e outra para Amicos.
    -Desafección dun local para CC.OO e UGT.
    -Regulamento de funcionamento da Gardería municipal.
    -Adxudicación do contrato de execución do Mercado Municipal de Ribeira.
    -Adxudicación do contrato de explotación do Matadoiro.

  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *