Campaña de apoio ao comercio local

Realizamos estes días de setembro unha campaña de información e de apoio ao comercio local de Ribeira. Estivemos repartindo máis de 300 dípticos informativos e pegando máis de 50 carteis que animan e sensibilizan á xente da importancia de mercar no comercio tradicional.

Nestes dípticos podedes comprobar como se detallan algunhas problemáticas polas que está a pasar o sector do pequeno comercio e as solucións que propoñemos, desde o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, para axudar a que as consecuencias da crise non sexan tan grandes.

Esta campaña únese á campaña realizada a favor da hostalaría, que se fixo hai dous meses por mor da normativa das terrazas e onde tamén fixemos un díptico informativo. Isto responde a afortalar os nosos negocios locais e para que teñan coñecemento das novas medidas impulsadas polos gobernos do Partido Popular e que poden afectarlles dunha maneira importante.

O BNG está comprometido coas nosas pequenas e medianas empresas porque son as que crean maior riqueza e maior número de postos de traballo e por iso queremos informarvos dunha maneira sinxela e próxima a vós.

3 reflexións sobre “Campaña de apoio ao comercio local

  1. marinela

    tiña ganas de ler o díptico sobre comercio tradicional, pero penso q está gardado como imaxe, non como pdf, o caso é q se ve fatal…non o teredes colgado como pdf nalgún sitio?

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *