Veciñ@s de Artes quéixanse do arranxo dunha estrada

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira recolleu as protestas e o malestar ocasionado polo asfaltado e mellora dunha estrada no lugar da Gándara, diante do Museo Etnográfico, na parroquia de Artes.

O problema vén causado polo  asfaltado e mellora do firme na súa totalidade nunhas zonas, fronte a outras onde non se pavimenta ao completo. Dáse o paradoxo que se amaña na totalidade a carón de fincas sen casas e nas zonas con vivendas non se asfalta. Esta circunstancia supón un agravio comparativo segundo a veciñanza do lugar que tivo que acudir ao BNG logo de que o grupo de goberno do Partido Popular fixese caso omiso dos seus problemas.

Por todo isto o BNG pregúntase se hai veciños e veciñas que desfrutan de maiores servizos que outros?

O BNG seguirá traballando para que estas situacións non se dean e se amañen as estradas en condicións en vez de facer remendos.

Pincha aquí para ver a nota de prensa do BNGNota Prensa BNG denuncia Artes

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *