Día da Galiza Mártir

O sábado 18 de agosto, con motivo do día da Galiza Mártir o BNG de Ribeira queremos render homenaxe a todas aquelas persoas que perderon a vida por tentar defender o noso País e que ten como figura máis coñecida a Alexandre Bóveda, asasinado en 1936 polas forzas franquistas. Con este motivo o BNG quere reivindicar este día como unha lembranza e homenaxe a tod@ es@s mártires que loitaron pola liberdade, por Galiza e pol@s galeg@s.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *