Roteiro cultural

Con motivo da chegada do día da Patria galega, o 25 de xullo, o BNG de Ribeira quere facer un roteiro cultural e reivindicativo. Este roteiro terá lugar o sábado 7 de xullo ás 18:00 na rúa Alexandre Bóveda e rematará no museo municipal “Casa Dona Adela”. O acto consistirá en pequenas lembranzas do pasado nas rúas de Alexandre Bóveda e Lustres Rivas onde veremos como o pensamento de ámbolos dous segue vixente hoxe en día. Finalmente para pechar este acto contaremos con Francisco Jorquera, candidato á Xunta de Galiza e portavoz no Congreso dos Deputados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *