Pleno 28/05/2012

No pleno ordinario deste mes, o goberno do Partido Popular deixou claro que non está aberto ó diálogo e que fai todo á súa propia vontade. Mostra disto foi a negativa de parar a aprobación da Ordenanza de Terrazas e dialogar co sector da hostalaría antes de ser aprobada tal e como pedía o BNG e o resto dos grupos da oposición. Finalmente o PP decidíu aprobar en solitario a polémica ordenanza tras aludir en que era moi difícil falar co sector por non estar aglutinados nunha asociación para agochar a súa pouca vontade de diálogo. Esta ordenanza pode traer consecuencias moi negativas para este sector se non se modifican varios puntos.

Tamén levamos dúas proposicións, a primeira sobre a defensa do ensino público sendo rexeitada polo equipo de goberno de Ribeira. Debe ser que o incremento do alumnado por aula, incrementar as taxas universitarias, facer uns recortes brutais no ensino, etc non é algo que lle preocupe ó señor alcalde. Hai que lembrar que mentres se aplican uns recortes sen precedentes no ensino público e se despiden a máis de 2.000 docentes, se inxectan miles de millóns na banca.

A segunda proposición que levamos foi a relativa ao mantemento de axuda no fogar xa que no 2011 contaba cun presuposto de 24 millóns de € e no presente ano fica en 12,4 millóns de €. Por desgraza vemos, de novo, como os gobernos do Partido Popular teiman na súa política de recortes prexudicando ás persoas máis desfavorecidas e que máis están a sufrir a crise económica

Documento sobre a ordenanza de Terrazas: Ordenanza Terrazas
Tríptico informativo sobre a ordenanza das Terrazas do BNG: TRÍPTICO ORDENANZA TERRAZAS BNG

Proposicións do BNGMantemento do Servizo de Axuda no FogarDefensa do ensino público galego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *