O Goberno do PP de Ribeira, rexeita apoiar a iniciativa en defensa da Sanidade Pública

No último Pleno ordinario, o Goberno Municipal do PP de Ribeira, rexeita apoiar a iniciativa en defensa da Sanidade Pública presentada polo BNG.

Os acordos rexeitados polo Goberno do PP de Ribeira son os seguines:

PRIMEIRO- Manifestar o apoio da Corporación municipal á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e dar traslado do mesmo á presidenta do Parlamento de Galiza, portavoces parlamentares e presidente da Xunta de Galiza.

SEGUNDO- Animar aos veciños e veciñas do noso concello a colaborar e apoiar esta iniciativa.

TERCEIRO- Instar á Xunta de Galiza e á Consellaría de Sanidade a garantir a Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza.

CUARTO- Reiterar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a demanda dun novo Centro de Saúde para Ribeira acordada por unanimidade no Pleno municipal de 20 de decembro de 2010.

Iniciativa Municipal:

2012-02-17 Moción ILP Defensa Sanidade Pública

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *