Demandamos Parlamento que cubra a praza vacante de Xefe de Distrito da Capitanía de Ribeira

O Bloque Nacionalista Galego presentou esta semana unha iniciativa no Parlamento galego para que se cubra a praza vacante de Xefe do Distrito Marítimo deste municipio e se mellore a xestión deste servizo no porto ribeirense.

Bieito Lobeira, portavoz de Pesca do BNG no Parlamento informou disto xunto co portavoz municipal do BNG de Ribeira, Xosé Luís Groveiro, o cal presentará esta mesma iniciativa no Concello para que o Goberno Municipal demande da Xunta de Galicia e do Estado a subsanaciòn das carencias (que se indican no texto adxunto embaixo desta información) do Distrito Marítimo de Ribeira, que está adscrito á Capitanía Marítima de Vilagarcía, e do Servizo Médico do ISM.

Os portavoces do BNG tamén reclamaron que a Xunta abone o diñeiro dos Convenios subscritos coas confrarías de Ribeira, Palmeira e Aguiño para labores de vixiancia e asesoramento técnico, os cales están sen pagar desde hai meses.

Iniciativa parlamentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *