O Goberno Municipal de Ribeira sobe impostos… e crea algún novo!

Estrease coa revisión das taxas e prezos municipais cunha subida xeneralizara do 3,6%. A partir do ano que vén os cidadáns e cidadás de Ribeira pagaremos máis polos permisos de obras, expedición de certificados e documentos, enterramentos, imposto de circulación, pola auga, saneamento, etc. Tamén pagaremos máis pola recollida do lixo. Ademais de xustificar esta subida indiscriminada que o BNG rexeitou, o alcalde anunciou que a suba por recollida de lixo nas parroquias de Artes, Olveira e Oleiros sería maior aínda pois a bonificación pola recollida en “días alternos” pasa do 40% actual a tan só o 30%.

A cidadanía debe saber tamén que se crea unha nova taxa reguladora por “intervención de servizos municipais en materia de seguridade cidadá”. É dicir, que a partires do 2012 o Concello cobrará por cada saída dos servizos de Protección Civil ou do GRUMIR. Por exemplo: so pola saída serán 69,30€, por cada traballador cóbrase 22€ e pola motobomba 19€ por quilómetro ademais dos custes de materiais.

Esta é a política dos que din que non van aumentar os impostos. Os feitos cantan. O BNG propuxo non incrementalas porque supoñen un aumento inxustificado que vai contra as economías de todos e todas os ribeirenses indiscriminadamente, sexa cal sexa a súa capacidade económica. E votou en contra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *