Ruíz pon o cargo e o Concello ó servizo do PP

Violando a vixente Lei Electoral, o Alcalde, arroupado polo escudo da cidade, convoca un mitin do PP en Nova York baixo o lema “se cubrirá gastos”

O BNG tivo coñecemento por palabras do propio Alcalde da súa ausencia “durante uns días” durante os primeiros días de outubro. O sorprendente é que, dada a prolongada ausencia e polo tanto abandono de determinadas funcións, non foran comunicados tanto as razóns da ausencia como os cambios ou delegación de funcións para garantir a debida atención á cidadanía e demais funcións representativas e de xestión propias do cargo.

Pero máis sorprendente aínda resultou coñecer por informacións da páxina Web de Casa Galicia en NY da presenza do noso Alcalde na cidade de Nova York anunciando un acto de propaganda política do Partido Popular no que textualmente se convida á asistencia “con gastos pagos”.

Nos tempos que corren, e coa que está caendo, causa verdadeira alarma social pensar que se destinaran cartos públicos de todos e todas as ribeirenses para un acto deste tipo. Ou que o alcalde, se estaba en período de vacacións, se dedicase a exercer de xeito fraudulento o seu cargo.

O BNG sabe que a lexislación USA prohibe estritamente o financiamento deste tipo de actos políticos a clubs do tipo de Casa Galicia, polo que as sospeitas de fraude están máis que fundadas pois a viaxe parece máis orientada aos intereses electorais do Partido Popular que aos da cidadanía de Ribeira polos que o Alcalde percibe o seu salario.

Iniciativa municipal:
2011-10-Preguntas viaxe Alcalde a Nova York

One Comment on “Ruíz pon o cargo e o Concello ó servizo do PP”

  1. Pois vaia un exemplo de ciudadan honrado, a ver si espertamos de unha puñetera vez,de isos non se pode un fiaaaar… a ver si aprendemos do que nos deixa a historia
    que eles pertenecen o novo liberalismo, axudan a quen non o necesita,o antontes ,onte ,oxe ,mañan e sempre,ou non o vedes? Moi acertadas as preguntas bravo !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *