Celebración da Galiza Mártir en Ribeira


O portavoz do BNG, Xosé Luís Groveiro, participou hoxe na celebración da Galiza Mártir en Ribeira, dando lectura ao seguinte poema de Manuel María:

LEMBRANZA DE ALEXANDRE BOVEDA

Tí eres lume vivo, acesa chama,
roita irreversíbel de futuro;
potente trebón que berra e crama,
¡home do pobo, asoballado e puro!

Eres a luz, o guieiro i a bandeira
chantada nos cumes de Galicia.
¡Eres a voz limpa e verdadeira!
¡Eres o pan, o viño i a ledicia!

Ouh Alexandre Bóveda, paixón núa,
furacán potente e desatado:
¡qué exempro foi a morte túa!
¡Qué cantidá de amor sacrificado!

Ouh Alexandre Bóveda, meu irmao,
pai desta patria triste, escura.
¡Invoco a Rosalía, a Castelao…
¡Nomeo a vida túa, nobre e pura!

Ouh Alexandre Bóveda, semente,
colleita fidel de lealtade:
¡si vive Galicia i a súa xente
a túa morte non pode ser verdade!

MANUEL MARÍA

MONFORTE DE LEMOS
Galicia, xulio de 1971

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *