Amianto ou non??

Unha empresa especializada procede agora á extracción conforme á lei dos materiais con amianto da fábrica de Castiñeiras. O BNG denunciara no seu momento a irresponsabilidade do concello de Ribeira ao permitir (ou promover?) a retirada das planchas de fibrocemento e outros materiais contaminados con este material canceríxeno.

Mágoa que o mal xa estea feito en grande parte, pois moitos dos materiais xa foran retirados sen control. Cómpre lembrar que mesmo o candidato” popular”, hoxe alcalde, afirmara que non había perigo e que o BNG “alarmaba á poboación sen motivo”.

Como agora se demostra, o BNG tiña razón e o Concello, ademáis de poñer en risco a súde pública, demostrou que a lei so se lle aplica a quén convén. E recoñecerá agora tamén o actual rexedor que “daquela se equivocou”? Ou non se equivocou e actuou en base aos seus intereses electorais?

Máis información:
Solicitamos a retirada inmediata dos cascallos da Fábrica de Castiñeiras polo risco que o amianto que conteñen supón para a saúde pública

O Goberno do PP pon en perigo á cidadanía consentindo unha demolición ilegal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *