Pleno Ordinario de Xullo: aprobadas catro iniciativas

O novo Goberno de Ribeira recoñece, ao aprobar estas iniciativas do BNG, problemas que veñen de vello… e non tanto. As iniciativas dos concelleiros e concelleiras do BNG refírense a melloras na limpeza e coidado das instalación nos colexios públicos, a axudas á poboación do Parque Natural de Corrubedo, á implantación dunha liña de autobús ao Vilar por Artes e Frións e ao compromiso do Alcalde de acompañar ás ANPAS do Concello na demanda de melloras para paliar a situación creada tras a vergoñenta eliminación do IES de Coroso.

Todas estas iniciativas foran reiteradamente reclamadas polo BNG de Ribeira. Consideramos a súa aprobación un primeiro paso que nos da a razón pero que evidentemente non resolve aínda os problemas que tratan. A isto estaremos atentos no futuro inmediato.

Pese a o aparente “bo rollo” do novo alcaldedesde o BNG temos que lamentar o seu escaso compromiso e sensibilidade cos pais/nais e alumnado (moitos presentes no salón de Plenos) ao rexeitar expresamente os puntos da moción do BNG que reclamaban da Xunta de Galiza “que manteña a oferta de postos de ensino público de ESO e Bacharelato en Ribeira” e “que se manteña o número de alumnos por aula en 25, permitindo os grupos de apoio, reforzo e atención á diversidade que razoadamente propoñan os centros educativos”.

É precisamente nestes dous últimos puntos onde se agochan as principais eivas que notará o ensino público a comezo do vindeiro curso. O aumento do número de alunos/as ata picos de 35 ou máis, a redución de grupos de apoio e reforzo, a redución de profesorado sufrirémola todos e todas, pero máis especialmente o alumnado con dificultades de aprendizaxe.

E continuará a Xunta de Galiza a seguir golpeando o ensino público mentres segue a aumentar os fondos ao privado? Si, desde logo se estamos dispostos a consentilo.

E seguirá o sr Alcalde a xustificar a situación porque peor era “cando non había instituto e había que ir a Boiro ou a Noia a estudar”.

De “bo rollo” nada: volvemos ao tempo dos romanos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *