Denunciamos o deterioro da calidade do ensino en Ribeira logo do peche do IES Coroso

O BNG denuncia o deterioro da calidade do ensino en Ribeira logo do peche do IES Coroso, mediante unha moción presentada en Pleno

Acordos que agardamos que se aproben en Pleno:

1.- Pedir da Consellería de Educación da X. de G. que se manteña a oferta de postos de ensino público de ESO e Bacharelato ampliando, se é necesario, a dos centros públicos existentes en Ribeira.

2.- Que o número real de alumnos por aula se manteña en torno aos 25 por aula e se permitan os grupos de apoio, reforzo e atención á diversificación que razoadamente propoñan os Centros educativos.

3.- Que se dea solución aos problemas de transporte para que en ningún caso sexa esta causa de denegación do centro elixido.

4.- Que estes acordos sexan trasladados á Consellería de Educación en xuntanza con presenza de representantes da Comunidade Educativa do IES Coroso e do Alcalde de Ribeira.

Iniciativa Municipal:
2011-07-07 Moción Coroso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *