Centro Integrado, si, ESO, tamén!

O BNG presentou unha iniciativa parlamentar demandando que: “O Parlamento de Galiza inste ao Goberno galego a manter as ensinanzas de ESO e Bacharelato no IES Coroso de Ribeira”.

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria ven de comunicarlle ao Claustro de Profesorado e ao Consello Escolar do IES Coroso de Ribeira que o centro educativo será transformado nun Centro Integrado de FP.

Esta decisión tomada á marxe da comunidade educativa significa a perda das ensinanzas de ESO e Bacharelato en dito centro.

As consecuencias inmediatas son a perda do seu posto definitivo de 24 profesores e profesoras e o desprazamento de todo o alumnado de ESO e Bacharelato que cursa os seus estudios neste instituto. Alumnado que segundo recolle a normativa vixente ten dereito a rematar a súa escolarización no centro onde a comezou.

Hai que lembrar que tanto a comunidade educativa, como o sector empresarial e productivo do noso concello, así como A CORPORACIÓN MUNICIPAL, DE XEITO UNÁNIME, demandou a creación dun centro integrado en Ribeira SEN QUE ISO SUPUXERA A DESAPARICIÓN DA ESO no IES Coroso. E dicir, que se creara o centro integrado por desdobre deste centro (como se fixo noutros concellos como Fene ou Ribadeo) e non por simple transformación.

Iniciativa Parlamentar:
2011-06-10-PNLC-IESCoroso

Nova relacionada na Voz:
Alumn@s do Coroso mobilízanse contra o seu traslado a outros centros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *