Grazas por estes 14 anos de respaldo institucional!

Quería anunciarvos que non vou a tomar posesión como concelleira do Concello de Ribeira. Foi unha honra para min representar ao pobo de Ribeira durante 14 anos como concelleira, 9 deles como voceira municipal do BNG. Despois de todos estes anos nos que me impliquei intensamente, adicando boa parte do meu tempo de ocio de maneira desinteresada, na defensa dos intereses dos veciños e veciñas deste concello, considero que chegou o momento de pechar un ciclo na miña vida e deixar paso a outros compañeiros e compañeiras.

Reitero novamente o meu agradecemento aos compañeiros e compañeiras que traballaron arreo comigo durante estes anos, especialmente os últimos 4, así como durante esta longa e dura campaña coordinada polo Responsable Local do BNG, Kiko Ayaso. Foi unha mágoa que todo o intenso traballo feito non o puideramos ou non o souberamos transmitir á cidadanía.

Agradezo especialmente o respaldo obtido. Grazas á confianza e apoio das 2.328 persoas que nos deron o seu voto seguimos sendo a segunda forza política con catro concelleiros e concelleiras, a pesar do importante revés electoral.

A todas as persoas que confiaron en nós teño que dicirlles que o BNG vai a seguir facendo o seu traballo tanto dende a organización como dende o ámbito institucional, cun grupo municipal liderado por Xosé Luís Groveiro, e que contará ademais con Ánxeles González Cruxeiras, Luís Teira e Carme Lampón.

Valoración da Asemblea Local

A Asemblea Local do BNG de Ribeira, diante da dimisión presentada por Dominga Brión, fixo unha valoración moi positiva do seu labor ao frente da organización en Ribeira durante estes últimos anos. Ramén quixo agradecer os seus esforzos e dedicación e lamentar, aínda que comprendéndoa, a súa decisión.

6 reflexións sobre “Grazas por estes 14 anos de respaldo institucional!

  1. mdominguez

    Un exemplo de dignidade que tanta falta fai, decencia e saber retirarse con honrra, oxala os imiten oitros e OITRAS, toda unha dama, exemplo politico e human, que miren para ela, dignidade e a palabra

    Responder
  2. Carlos Callón

    Moitas grazas por todo o esforzo e entusiasmo.

    Aínda non escampou, mais como di esa cita de Shakespeare que tomou Agustín Fernández Paz na súa última novela, “non hai noite tan longa que non termine en día”.

    Grazas polo feito e grazas por todo o que aínda vas facer desde outros lugares!

    Responder
  3. noeu

    Grazas a tí. Moi valentes e exemplarizantes as actuacions, antes, mentras e despois destas eleccions.
    Sinto que o concello de riweira perda duas pedras mestras coma Domi e Quico.
    Pero as ovellas sumisas queren pacer na horta de cemento de Manolo, que aproveitou o púlpito que lle puxo o obispo Feijoo para prometer unhas limosnas das leiras que sementou o BNG en riweira e o final esas ovellas soio levarán ostias e Manolo caerá do púlpito.

    Responder
  4. Domi

    Graciñas, Noeu. Quico e eu seguiremos traballando codo con codo a carón d@s compañeir@s do BNG. Temos un grupo municipal máis pequeno pero temos unha organización máis grande. Estaremos preparados cando Manolo caia do púlpito, que seguro que non tardará.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *