O pobo é quen máis ordena!

Á vista dos resultados electorais do 22 de maio quixera, en primeiro lugar, agradecerlle dende aquí aos meus compañeiros e compañeiras o traballo feito, tanto durante estes últimos catro anos, como durante esta longa e dura campaña.

Unha mágoa que o intenso traballo realizado non o puidéramos ou non o souberamos transmitir á cidadanía.

Tamén quero agradecer todos e cada un dos apoios recibidos polos veciños e veciñas que nos permiten continuar sendo a segunda forza política do Concello de Ribeira.

Con todo, resulta evidente que os resultados non son os agardados, pero como di a canción de José Afonso, “o pobo é quen máis ordena”. Polo tanto, tomamos debida nota e despois dun análise máis de vagar, adoptaremos as decisións correspondentes.

En todo caso, quero transmitirlle a todas aquelas persoas que nos deron a súa confianza e o seu apoio, que teñan a absoluta seguridade de que o BNG seguirá traballando coa mesma intensidade con que o ven facendo até o de agora, defendendo os intereses dos veciños e veciñas de Ribeira.

4 reflexións sobre “O pobo é quen máis ordena!

  1. Uxia Martinez

    Zeca Afonso tamén dí: “Em cada rosto igualdad”, y eu, mire por onde mire con estos do p.p. podrá haber de todo pero igualdade eu non a vexo, incluso Hitlert ganou eleccións, o povo tamén se confunde, eso de mirar para o ombigo de ún non da perspectiva.

    Responder
  2. Jaime

    Ai quen nace no seu tempo……uns van comprar un décimo e levan o número premiado, mesmo ai a quen lle cae un raio e volve a nacer…..logo ai quen, da mañan a noite, e de lus a domingo, se preocupa dos seus veciñ@s, os escoita, os guía….e ao final non recibe o que sería xusto; Non nacestes no teu tempo Domi.
    Eu, moi egoístamente, digo que nacín no meu tempo, pois tiven a suerte de coñecer, de escoitar, de falar con tan grande Muller. Gracias por eses anos que nos regalastes.
    Suerte na tua nova etapa DOMI,.... mereces o mellor .

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *