Solicitamos a retirada inmediata dos cascallos da Fábrica de Castiñeiras polo risco que o amianto que conteñen supón para a saúde pública

Solicitámoslle ao goberno do PP que no exercicio das súas competencias proceda, ca máxima celeridade, a tomar as medidas precisas para que a obra de derrubo do edificio da antiga fábrica de Castiñeiras cumpra todas as medidas legais que se precisan nunha obra destas características, nomeadamente coa presenza de amianto nos seus materiais, retirando os escombros o antes posible.

O BNG de Ribeira ten denunciado reiteradamente diante do Goberno Municipal o estado de deterioro e abandono do edificio da antiga fábrica de Castiñeiras. Lamentablemente o Goberno local non fixo ningunha actuación, sequera preventiva, téndose chegado á situación actual non so de abandono senón mesmo de auténtico risco para a poboación ademais de flagrante incumprimento da legalidade. As obras en edificios que conteñen amianto deben aterse ao disposto no Real Decreto 1406/1989 e demais lexislación para velar pola saúde pública.

Nova no Canal Rías Baixas:
O BNG insta ó concello a retirar os cascallos da fábrica de Castiñeiras

Diptico informativo do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral:
Diptico informativo sobre o risco por amianto

Nova na Voz:
Urxen a retirada de cascallos en Castiñeiras

Máis información…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *