Demandamos melloras no Parque Natural

O BNG ven de presentar dúas iniciativas en relación co Parque Natural: interesámonos polas inversións e actuacións realizadas pola Xunta no Parque e pola situación na que se atopa a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local e para o desenvolvementos sustentábel do mesmo.

Vinte anos despois da declaración de Parque Natural deste privilexiado entorno co que contamos no noso concello, a Xunta segue sen implicarse na atención e coidado do mesmo. A pesar de ser o Parque galego máis visitado as queixas relativas á ausencia de estratexias de implicación e colaboración das persoas que viven nestes espazos, así como polo recorte dos medios e inversións neste espazo están á orde do día.

Recentemente as queixas son relativas á falta de guías no Parque ao despedir ás persoas que viñan realizando estas funcións e á ausencia dunha planificación axeitada dos usos e xestión deste espazo natural.

Iniciativas parlamentares:
2011-03-24Parque Natural
2011-03-24Parque Natural investimentos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *