A Barbanza no debate sobre o Estado da Nación

As demandas da Barbanza foron levadas, en forma de Propostas de Resolución ao Parlamento Galego polo Grupo Parlamentar do BNG no debate sobre o Estado da Nación. En concreto, as demandas presentadas foron relativas as melloras no Hospital da Barbanza, ao Polígono Industrial da Barbanza, a adopción de medidas para a defensa da viabilidade das frotas galegas de baixura, e de defensa do sector mexilloeiro galego.

Lamentablemente, todas elas, agás a relativa a melloras no Hospital da Barbanza, foron rexeitadas polo Partido Popular, incluido o candidato á alcaldía de Ribeira, amosando así a falla de interese pola comarca e, nomeadamente, polo noso concello.

Propostas de Resolución do BNG no debate do estado da Nación, relativas A Barbanza:

2011-03-18Propostas BNG Debate estado da Nación, Barbanza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *