Demandamos que se recurra o POL para defender os dereitos da veciñanza

Presentamos unha iniciativa municipal para demandarlle ao Goberno do PP que adopte as medidas oportunas, mesmo recorrendo o Plan de Ordenación do Litoral ante o Tribunal Contencioso-Administrativa, para defender os intereses xerais dos veciños e veciñas de Ribeira.

Tamén solicitamos que no recurso que se presente se demande que se respecte o actual Plan Xeral de Ordenación Municipal, se permitan as ampliacións necesarias na revisión que se está efectuando, tanto de chan urbano como de núcleo rural e se reduza na medida do posible a protección do corredor de Coroso.

O Plan de Ordenación do Litoral, aprobado polo PP en solitario no Parlamento Galego, tamén polo candidato do PP á alcaldía de Ribeira, foi aprobado definitivamente e publicado o no DOG do 23 de febreiro. A vista deste decreto e da documentación publicada na páxina web que a Consellaría habilitou para o POL, practicamente non foi atendida ningunha das alegacións presentadas, tanto por parte dos veciños de veciñas de Ribeira afectadas, como polo propio Concello.

O Recurso se cabe neste momento é ante o Tribunal do Contencioso-Administrativo, dispondo de dous meses dende o día da súa publicación no DOG do 23 de febreiro, para presentado. Nós consideramos que debe presentarse porque deixa en área de mellora ambiental e paisaxística boa parte do solo urbano e de núcleo rural do borde litoral do concello: parte de Aguiño (tamén boa parte en espazo de interese), todo Castiñeiras, boa parte da Avda. da Coruña, no casco urbano de Ribeira, Dean, parte de Palmeira, de Olveira (tamén en área de recualificación) e todo Corrubedo (tamén en espazo de interese unha parte).

Cabe lembrar que o POL inclúe no seu ámbito aproximadamente 52 km2 dos 69 km2 de superficie total do municipio de Ribeira, o que supón o 75,36% do termo municipal, afectando a chans situados a unha distancia da costa de até 3.000 m, superando con moito o actual límite cautelado de 500 m.

Afecta a 3,3 millóns de m2 de chan urbano, dos 5,9 millóns de m2 existentes. Isto correspondese co 56% do chan urbano municipal. No que respecta ao n úcleo rural, afecta a 3,6 millóns de m2 dos 5,7 millóns de m2 de superficie segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o que representa o 63% do chan de núcleo rural municipal.

A clasificación dun chan como urbano é un acto regulado, establecido por lei. Se o POL cambia a súa regulación establecendo a prohibición do uso edificatorio, pódese incorrer en responsabilidade patrimonial ao lesionarse ou limitarse dereitos adquiridos polos propietarios/as.

Iniciativa Municipal:
2011-02-18 Aprobación definitiva Plan de Ordenación do Litoral

Nova no Canal Rías Baixas:
O BNG propón recorrer á vía xudicial contra o POL

Máis información sobre o POL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *