O saneamento do Vilar segue sen rematar dous anos despois de iniciadas a obras


Nas imaxes pode verse o estado actual da estrada

Solicitámolle ao Goberno do PP de Ribeira que remate as obras do saneamento do Vilar o antes posible, xa que dificulta a vida cotiá da cidadanía e mesmo representa un grave risco para a súa propia seguridade. Tamén lle demandamos que faga un control máis exhustivo da obra pública que se fai no Concello.

Logo de moitas queixas e preguntas feitas polo BNG e os veciños e veciñas ao Goberno Municipal por mor do estado de saneamento no núcleo do Vilar, todo sigue igual e fai caso omiso. Como é usual no PP de Ribeira “mírase para Cuenca”.

Fai xa máis de dous anos que se empezaron neste núcleo as obras para dotalo de saneamento, e vai con tres veces que se tivo que volver a abrir a estrada por mor da mala execución da obra.

A veciñanza leva moito tempo soportando o ruído da maquinaria e os notables inconvintes que lles causa ter estes boquetes abertos co consecuente risco que isto pode traer consigo para seguridade da cidadanía e dos vehículos ao tratarse dunha estrada moi transitada que comunica co Centro de Interpretación do Parque Natural de Corrubedo e coa praia do Vilar.

Iniciativa Municipal:
2011-02-001_Obras_Saneamento_Vilar

Unha reflexión sobre “O saneamento do Vilar segue sen rematar dous anos despois de iniciadas a obras

  1. Jaime

    Pois sí ....e o que lle queda…..e todo esto pasa por :
    -Adxudicar as obras ca punta do “índice”.
    -Adxudicar as obras a quen non ten idea do que é o cemento, a area, e mesmo un NIVEL.
    -Non supervisar dende o principio as obras por persoal Competente na Materia.
    -Non ter Persoal Competente na Materia.

    Ainda que todo esto se pode resumir en….:
    -Non ter Persoal Competente no Governo
    Logo dirán ….” E que nos non sabiamos que podería aparecer pedra” , ou ” é que case que non ai desnivel “.........
    Vamos a ver…...si non sabedes….....PREGUNTADE e ESCOITADE , que non é tan difícil.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *