Denunciamos o uso partidista da Institución Municipal polo candidato do PP á alcaldía de Ribeira

Desde o Bloque Nacionalista Galego de Ribeira queremos denunciar diante da opinión pública a actitude prepotente e chulesca do candidato do PP que non ten reparo en utilizar unha institución DE TODOS E TODAS como é o Concello de Ribeira, como gancho para ofrecer as súas promesas electorais.

En varias reunións cos veciños e veciñas de diferentes lugares e parroquias do concello, o candidato, que nin sequera é membro da Corporación Municipal, adicouse a anunciar diversas obras e actuacións municipais, mesmo con afirmacións do tipo: “xa está o proxecto feito” ou “xa temos unha partida económica para facelo”. Arróxase, deste xeito, unha representatividade que non ten concedida pola vontade popular nas pasadas eleccións municipais e eríxese, ademais, en falso representante das veciñas e veciños de Ribeira por enriba, e para a súa vergoña en caso de ser consentidor, do actual Alcalde que aínda o é.

Desde o BNG denunciamos tamén que nestas reunións “de intoxicación preelectoral masiva” aparezan membros (autorizados?) do actual Goberno Municipal amparando e dando cobertura ás falsas promesas do candidato así como o uso dos traballadores municipais para o adecentamento dos lugares que, cal visita imperial, realiza o candidato: até 14 xardineiros/as se puideron ver hoxe pola mañá limpando os xardíns do porto de Aguiño. Do mesmo xeito, resulta cando menos sospeitoso que a empresa encargada do alumeado público sexa a mesma que se encarga de colocar as pancartas do PP.

O BNG de Ribeira quere poñer en evidencia a escasa calidade ética e democrática que agachan estas actuacións tanto do candidato como do actual goberno municipal. Actuacións que por outra parte demostran que, lonxe de ofrecer á cidadanía unha alternativa para as vindeiras eleccións municipais, o que se pretende é perpetuar un réxime. Réxime que, polo demais, é o principal responsable da actual situación do noso Concello.

3 reflexións sobre “Denunciamos o uso partidista da Institución Municipal polo candidato do PP á alcaldía de Ribeira

  1. ocrejo

    A xente de aguiño pregúntase a que ven o despregue de medios deste venres:- sinais de prohibido aparcar en toda a
    explanada do porto,-as zonas de herba cheas de xente, limpándoas,-os do “alumbrado” repasando tódalas farolas.
    E algúns responden: e que ven “Manolo Ruis”, a qué, sei que ven fa-ser aerobique,xa o conosemos,ou haberá de comer e beber,non sei.

    Responder
  2. AJIÑO

    Que verjonsa, e lojo din que hai crisis, así tiran os cartos da xente de Ribeira. Pero bueno, que se pode esperar de Manoliño, para o único que vale e para faser gimnasia, leva toda a vida columpiandose e sejuro que bisicleta pasa dos 110 permitidos.
    Si, unha verjonsa, que se pode esperar do PP, máis do que desfixeron xa non van desfaser.
    Desta temos que botalos fora coa forsa da xente que non é ceja.

    Responder
  3. Ribeirán

    As formas do candidato demostran o que todos sabemos: de cambio nada, o réxime pretende continuar. Pero o que máis me sorprende aínda é que o actual Alcalde, despois de pelexar con digna bravura por continuar no cargo, se deixe humillar polo seu ex-home forte e se desmoroe, como un boneco de trapo, diante da cidadanía.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *