O PP rexeita facer un control máis exhaustivo do emprego público

Toma de posesión dos 6 concelleiros e concelleiras do BNG de Ribeira

O PP de Ribeira rexeita unha moción na que dende o BNG lle solicitamos un control máis exhaustivo do emprego público. Logo das últimas contratacións feitas “a dedo” polo Goberno do PP e sen ter en conta os preceptos constitucionais de “Igualdade, mérito, capacidade e publicidade”, o BNG volve pedirlle ao partido de Goberno que se deixe de comprar votos e simplemente cumpra coa lei.

Nun contexto a nivel nacional de 4.700.000 parados e a nivel autonomía cunha taxa de desemprego na provincia máis desfavorecida do 22,5%, creemos que é cuestión de dignidade dar cumprimento aos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade no acceso a un posto de traballo. Non é de recibo que mentres milleiros de familias están a pasar fame por mor do desemprego, as administracións publicas se adiquen aínda a pagar favores políticos con prazas creadas a dedo, con postos de traballo á medida, con oposicións irregulares, sen ningún tipo de cumprimento da legalidade vixente.

Dende o BNG consideremos a necesidade de crear esa comisión para o control do emprego, dende onde fiscalizar esas adxudicacións de prazas do Goberno Municipal, onde conxuntamente cos sectores implicados se cheguen a elaborar unhas bases a ter en conta á hora de posibles contratacións neste concello e que non siga pasando o que pasou ata agora, que esas bases son “persoais e á medida, dependendo da persoa que se queira enchufar”.

A lei e moi clariña e cando fala da selección do persoal e do acceso á función publica dí que esta efectuarase de acordo coa oferta pública de emprego mediante convocatoria publica e garantindo en todo o caso os principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, cousa que en Ribeira se incumpre reiteradamente.

Iniciativa Municipal:
2011-01-16 Control emprego

2 Comments on “O PP rexeita facer un control máis exhaustivo do emprego público”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *