8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Adelina Ces, Dores Torrado, Cristina Andrade e eu presentamos, en nome do BNG da Barbanza, a iniciativa municipal que presentamos en todos os concellos da comarca.

Na iniciativa presentada polo BNG solicitamos a elaboración dun Plan de Emprego Feminino, con dotación orzamentaria suficiente e que conteña as medidas destinadas a acadar os obxectivos de incrementar o número de mulleres ocupadas, atendendo especificamente a problemática das mozas galegas, corrixir as brecha salarial e reducir a precariedade do emprego feminino.

Tamén demandamos a retirada do Anteproxecto de Lei de apoio á familia e á convivencia polo seu carácter regresivo para os dereitos das mulleres.

Por último, pedimos que se reformule a Resolución do 14 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se regulan e se convocan axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, estabelecendo uns baremos de renda idénticos aos que se recollían nas convocatorias anteriores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *