Demandamos a posta en funcionamento da Casa da Xuventude

Presentamos unha iniciativa municipal pola que lle demandamos ao concello de Ribeira que poña, de xeito inmmediato, a Casa da Xuventude a disposición da cidadanía de Ribeira.

Na moción tamén solicitamos que o concello de Ribeira consensúe coas entidades xuveniles, de xeito urxente, o regulamento de participación na nomeada Casa da mocidade, para que o sintan como un espazo propio.

O BNG de Ribeira leva tempo preocupándose polas inquedanzas da mocidade do noso concello. É dende este grupo municipal, de onde partiron numerosas iniciativas para que dunha vez, Ribeira cumpra coa súa xente moza.

Unha das demandas máis reiteradas é a carencia de espazos que teñen as entidades onde participan mozos e mozas para poder reunirse, desenvolver as actividades, etc. Coa inauguración da Casa da Xuventude, hai máis dun ano, semellaba que estes problemas se ían paliar. Mais isto non está sendo así.

A día de hoxe a Casa da Xuventude está pechada e sen actividade coñecida. As únicas novas que hai dela son os continuos desperfectos e deficiencias da construción da obra.

Pero o que é peor, á mocidade ribeirense séguenselle poñendo trabas para desenvolver todas as súas potencialidades (reitero, non se permiten xuntanzas, non hai actividade coñecida, etc). Semella que o goberno local non valora nin aprecia as cualidades positivas que ten a nosa mocidade: está preparada, é activa, comprometida e diversa. Non fagan que todas estas características murchen antes de que florezan.

Nova no Canal Rias Baixas:
O BNG pide ó executivo que poña fin ó deterioro da casa da xuventude

Unha reflexión sobre “Demandamos a posta en funcionamento da Casa da Xuventude

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *