O BNG reúnese co Comité de Empresa do Hospital da Barbanza para reivindicar a dotación de celadores

"Visita do BNG ao Hospital da Barbanza"

Onte acudimos á xuntanza convocada polo Comité de Empresa do Hospital da Barbanza, para reivindicar a dotación de celadores no noso hospital. Ana Luisa Bouza, deputada do BNG e portavoz de sanidade no Parlamento Galego, acompañounos. Rosana Pérez, candidata pola Pobra, Anxela Franco, candidata polo Son, e o concelleiro de Ribeira, Xosé Luís Groveiro, así como o concelleiro de Boiro, Xan León e máis eu fomos as/os encargadas/os de tranmitirlle ao Comité de Empresa o apoio do BNG da Barbanza nesta xusta reivindicación.

O BNG xa ten presentado iniciativas nos concellos da comarca, que no caso de Ribeira, foi respaldada por toda a Corporación, reclamando que se dote a este hospital da categoría de Celador, cun número de postos acorde ao tamaño do Cadro de Persoal e á poboación que atende. Magoa que unha vez presentada iniciativa parlamentar polo BNG coa mesma solicitude, esta fora rexeitada polo PP.

Esta circunstancia, da carencia de celadores, tan só se da en dous hospitais do SERGAS: Barbanza e Cee. O Hospital do Salnés, que inicialmente carecía desta figura, xa conta con 18, que se incrementarán este ano.

Ante este agravio comparativo, dende o BNG sumámonos a todas as iniciativas do Comité de Empresa de cara á lograr a creación da categoría de celador no noso hospital, poñendo así fin a unha discriminación do seu persoal que ate o momento ten que realizar funcións que non lle corresponden o que supón unha diminución da calidade no servizo e na atención que prestan aos pacientes.

Máis información:
Iniciativa municipal presentada no Concello de Ribeira, aprobada por unanimidade.

Iniciativa parlamentar que o PP votou en contra.

2 reflexións sobre “O BNG reúnese co Comité de Empresa do Hospital da Barbanza para reivindicar a dotación de celadores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *