Compromiso con Ribeira!!

Dominga Brión

O BNG está comprometido con Ribeira. Este compromiso, do que este blog é testemuña, tamén é coñecido por moitos homes e mulleres deste concello que, sabedores do noso traballo e adicación, derónnos o seu respando nas pasadas eleccións municipais do 2007, agasallándonos co seu voto. Seis concelleiros e concelleiras que durante estes anos multiplicaron o traballo do BNG.

Nestes últimos catro anos traballamos arreo presentando propostas, informando aos veciños e veciñas, e estando alí onde a cidadanía demandaba a nosa presenza. Sempre co único obxectivo de mellorar a calidade de vida de todas e todos os ribeirenses, sen distinción. Moitas das nosas propostas, demandas da cidadanía ás que o BNG lle puxo voz, chocaron contra o muro de cemento armado que represanta a axustada maioría do PP neste concello. Outras, aínda con retraso, foron tidas en conta. Eso sí, previamente votadas en contra e adxudicándose logo o PP a súa autoría.

A poucos meses da próxima cita coas urnas, o BNG preséntase cos deberes feitos e como a única forza capaz de liderar o cambio que Ribeira precisa. Iso é sabido polo Pardido Popular que, diante do previsible castigo cidadán á súa inoperancia, intenta presentar como “nova” a imaxe dun candidato que leva tanto tempo na política municipal como o que agora se destitúe por “vello”. Resulta incrible que todo ese tempo fose a carón do destituído. É, polo tanto, igualmente responsable das carencias de Ribeira que, como temos demostrado desde o BNG, son as mesmas que hai vinte anos.

O “novo” candidato do Partido Popular aporta, desde a súa máis recente posición política como portavoz do PP no Parlamento Galego, algunhas actuacións memorables para tan pouco tempo: o Plan de Ordenación do Litoral que tan gravemente afecta a importantes núcleos do noso concello, o Canon da Auga ca súa propia sinatura, a paralización do Poligono Industrial da Barbanza, a piques de iniciar as obras, a anulación do Centro de Saúde Mental coas obras xa adxudicadas!!... Por non falar dos nulos avances en depuración de augas residuais, nas melloras portuarias e noutras infraestructuras como o mercado municipal, a estación de autobuses ou a circunvalación de Ribeira. Pero pronto virán, outra vez, palabras, palabras, palabras…

Unha reflexión sobre “Compromiso con Ribeira!!

  1. jaime

    “ANTES MUERTOS QUE SENCILLOS”....
    Sí...eso foi o primeiro que me ven a cachola ao ver o “apretón” de mans que se dan o que sae e mais o que pensa entrar ( pobre iluso, o último )

    Explícome, e perdoade o “ladrilo”:
    Oxe foi unha das poucas veces que lein a prensa cun sorriso na faciana, pois …....gocei, creo que é a mellor expresión, recreándome na foto da Voz de Galicia ao ver o apretón de mans que se dan, como dixen antes, o que sae ( non lle quedaba outra ) e mais o que pretende entrar ( iluso o cadrado ) pois, se vos fixades, ainda teñen os pelos das mans como quen leva un susto…...si…e como cando se saúdan duas famosas desas….”antes muertas que sencillas”, que se “bican” a distancia…..vamos….sin rozar o maquillaxe, é aquí cando apercibin o ENTUSIASMO que se manifestan ( o sainte e mais o que quere entrar ).
    Ainda teño na cabeza a imaxen de Casillas e Carbonero cando se bicaron diante de todo o mundo….¡¡ que maneira de esmagarse os morros ¡¡ non me digades que non se apreciaba un chisco mais de “Entusiasmo” ;).

    O dito…. temos dous que van a estar “antes muertos que sencillos” e eso vai ser bo, si….moi , pero que moi bo.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *