Máis dun milleiro de reclamacións contra o canón da auga

foto-dominga-3.jpg

Este venres ás 12 da mañá representantes do BNG de Ribeira presentaron no rexistro do Concello de Ribeira máis dun milleiros de solicitudes pedindo a derrogación Lei de Augas.

O PP da Xunta, coa complicidade do alcalde de Ribeira, aprobou esta lei que ten como único obxectivo unha desproporcionada subida de impostos. Con esta lei crea o canón da auga e o coeficiente de verquido. O canón da auga terán que pagalo tanto os que teñan auga da traida como os que teña pozos

No país da auga teremos que pagala máis cara que noutros puntos do Estado onde é un ben moito máis escaso. Para nós isto é algo inaceptábel, máis nun momento de crise económica coma o que estamos a padecer. Mentres se conxelan as pensións e se rebaixan os salarios, súbennos os impostos de servizos básicos como a luz e a auga.

Se non estas dacordo coa subida deste imposto, aínda podes sumarte a esta iniciativa cubrindo a solicitude e entregandoa na nosa sede de Ribeira, na Rúa da Amarella, ou no rexistro do Concello.

Escrito contra o canon da auga

Escolma da Lei de Augas de Galiza

3 Comments on “Máis dun milleiro de reclamacións contra o canón da auga”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *