Nova Lei de Augas: brutal subida de impostos do PP a toda a cidadanía

O Partido Popular aprobou en solitario no Parlamento de Galiza a Lei de augas, que ten como único obxectivo aumentar a capacidade recadadora da Xunta, facéndonos pagar a toda a veciñanza un imposto sobre a auga.

No país da auga, esta suba de impostos vai a multiplicar por tres o actual canon. Ademais a instalación dun contador homologado será obrigatorio no caso de que Augas de Galiza así o estime oportuno e en caso de non facelo o/a usuario/a poderá ser sancionado con multas de até 30.000€

Máis información:

A suba de impostos que o PP introduce coa nova lei de augas, vai supoñer multiplicar por tres o actual canon para todos os usuarios e usuarias que teñan abastecemento e saneamento público xestionado pola Xunta de Galiza, pasando do 100 euros ao ano para vivendas de catro persoas.

Ademais, os titulares de captacións propias e pozos particulares, terán que pagar o Canón da Auga, e instalar contadores homologados: de non facelo no prazo de seis meses o canon da auga liquidaráselle polo método de estimación obxectiva (en función da concesión de auga que se teña ou do consumo medio dunha vivenda) A instalación dun contador homologado será obrigatorio no caso de que Augas de Galiza así o estime oportuno e en caso de non facelo o/a usuario/a poderá ser sancionado con multas de até 30.000€.

Os/as titulares de traídas colectivas son responsábeis solidarios do pago do canon por parte dos usuarios e usuarias.

Todos os usuarios e usuarias de auga van a ter que pagar estes novos impostos, xa que se suprimen as exencións que actualmente están vixentes, que benefician ao medio rural. Así:


No novo canon non se exclúe de pagar o imposto a ningún núcleo rural, nin aos de menos de 2.000 habitantes, exentos do canon de saneamento na actualidade, nin tan sequera os de 500 habitantes que excluía a lei de 1993. Neste sentido, o BNG presentou unha emenda, que foi rexeitada polo PP, e que eximia de pagar o canon a todos os núcleos de poboación inferiores a 2.500 habitantes, o que implicaría que todo o rural quedaría exento de pagar o Canon da Auga.


Tampouco se exclúen do pago do imposto os núcleos rurais que non teñan rede de saneamento, mentres este non entre en funcionamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *