Emendas do BNG aos orzamentos da Xunta

O BNG da Barbanza presentando as emendas ao orzamentos da Xunta 2011

O BNG ven de presentar as emendas aos orzamentos da Xunta, relativas á comarca da Barbanza. Estas enmendas, presentadas polo Grupo Parlamentar do BNG a iniciativa do BNG da Barbanza, pretenden poñer a esta bisbarra, e nomeadamente a Ribeira, nos orzamentos da Xunta nos que, prácticamente, non aparecen reflexadas.

Infraestruturas vitais para o noso desenvolvemento económico, máis se cabe nun contexto de crise, como poden ser o Parque Empresarial da Barbanza ou a lonxa de Ribeira, mediambientais, coma o saneamento integral de Ribeira, ou sanitarias, como as necesarias melloras no Hospital da Barbanza ou a dotación dun novo Centro de Saúde en Ribeira non aparecen recollidas nos orzamentos do 2011 ou, se o fan, e de xeito meramente testimonial.

Máis información:

Entre as emendas presentadas, destacamos as seguintes, polo interese que representan para Ribeira:

Medio Ambiente e Infraestructuras

Parque Empresarial da Barbanza
5.000.000

Circunvalación de Ribeira
7.900.000

Estación de autobuses de Ribeira
500.000

Remodelación Mercado Municipal de Ribeira
200.000

Saneamentos na comarca da Barbanza
500.000

Pesca

Lonxa de Ribeira
500.000+700.000

Plano de recuperación do marisqueo e impulso á comercialización da ría de Arousa
1.000.0000

Impulso granxa de produción de semente e preengorde de moluscos bivalvos na ría de Arousa
800.000

Embarcación de salvamento marítimo no porto de Aguiño
176.126

Promoción do mexillón galego
1.500.000

Sanidade

Melloras no Hospital da Barbanza
500.000

Centro de saúde Ribeira
1.000.0000

Cultura

Posta en valor de xacementos megalíticos na Barbanza
200.000

Medio Rural

Canceira comarcal
96.000

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *