Reclamamos o normal funcionamento do Apardoiro do Centenario

O BNG demanda o normal funcionamento do Aparcadoiro do Centenario

O BNG presentou unha iniciativa municipal para reclamar que o Goberno do PP adopte as medidas oportunas para manter o aparcadoiro do Centenario ou Campo da Feira en perfecto estado de uso e conservación.

Tamén demanda que se estude se procede a caducidade da concesión.

Máis información:

Dende fai algún tempo o deficiente funcionamento deste aparcadoiro, que debería prestar servizo durante as 24 horas, está ocasionando graves perxuizos aos usuarios e usuarias destas instalacións públicas, sen que o Goberno Municipal fixera nada para restablecer o correcto funcionamento do mesmo.

Cabe lembrar que entre as obrigas do concesionario, que o Goberno debe reclamar, están a do “pagamento no tempo oportuno do canon establecido así como o correspondente das obrigas económicas con esta Administración derivadas da adxudicación”, e a de “manter as instalacións en perfecto estado de uso e conservación”, tal como se recolle no artigo 7 b) e c) do prego de condicións económico-administrativas do apadoiro. No artigo 9 do mesmo prego, a respecto do control sobre a explotación, recóllese que “a Administración municipal controlará a boa marcha da explotación”. No mesmo artigo tamén se indica que “a mala administración da concesión poderá ser causa de caducidade se se puxese en perigo a viabilidade do proxecto”.

As filtracións de auga, a falta de limpeza, o recorte na prestación do servizo e mesmo un corte de luz por falta de pago dun recibo que levou a manter pechado o aparcadoiro durante varios días, son claros exemplos de incumprimento do contrato, asinado ante notario o 1 de setembro de 2004, e de que se está a “poñer en perigo a boa prestación do servizo”. Isto podería considerarse infracción grave o que podería ser obxecto dunha sanción de até 3.005,06 €, e mesmo moi grave, sancionada coa caducidade da concesión, tal como se recolle no art. 18 do prego de condicións.

O 18 marzo deste ano a empresa concesionaria foi declarada en Concurso Voluntario de Acredores no Xulgado nº 4 do Mercantil de Madrid. A finalidade deste concurso é a reestruturación da empresa, asegurándolle aos acredores o pago de todas as deudas contraídas desde o día da declaración do concurso, quedando en suspenso as deudas anteriores, a espera de que o procedemento determine cando e como debe pagarse. Neste senso, lembrar que o canon de 6.000 € ano está sen pagar dende o 2º trimestre de 2008; do mesmo xeito, estan pendentes máis de 5.600 € do Imposto de Bens Inmobles (IBI) do 2008, todo o do 2009 e 2010, por un importe de máis de 18.800 € cada ano. En total uns 60 mil €, aos que hai que sumarlle as cantidades pendentes de IAE, e os recibos de auga e alcantarillado.

Esta situación concursal non é excusa para o mal funcionamento actual do servizo; máis ben o concurso pretende a continuación da empresa e para eso debe asegurar que os traballadores sigan prestando os seus servizos, encargandose a administración concursal provisionalmente de que se realicen os pagos de todas as obrigas xeradas dende o día da declaración do concurso, algo que o Goberno Municipal debe reclamar.

Iniciativa municipal:
2010-11-17aparcadoiro-centenario.pdf

Nova no Canal Rías Baixas:
O BNG esixe unha solución urxente para o ‘parquing’ do centenario

Nova na Voz:
O BNG critica a pasividade do alcalde e cifra a débeda da adxudicataria en 60.000 euros

Nova no Correo Galego:
segun-brion-un-parquin-de-ribeira-le-debe-58.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *