Solicitamos que se constrúa un campo de adestramento na Fieiteira

O BNG de Ribeira demanda un campo de adestramento na Fieiteira

O BNG ven de presentar unha moción pola que lle demanda ao Goberno Municipal que constrúa un campo de adestramento a carón do actual campo de céspede artificial que hai na Fieiteira.

Tamén lle solicita que acometa as obras necesarias para dotar ao campo de herba sintético da Fieiteira das gradas adecuadas, que arranxe o sistema de iluminación e que mellora e de limpeza do entorno.

Máis información:

O BNG de Ribeira leva tempo preocupándose e facéndose eco das demandas dos clubs deportivos e dos usuarios e usuarias das instalacións deportivas do noso concello.

Unha das máis reiteradas é a carencia de espazos que teñen os clubs de fútbol para adestrar. Son varias as entidades deportivas que utilizan o campo de herba sintética da Fieiteira chegando a ter que compartir un espazo reducido entre varias ducias de rapaces e rapazas que fan exercicio físico.
No recinto do campo de céspede artificial da Fieiteira, hai unha parte, pola zona leste, que está sen arranxar. Esta superficie semella suficiente para poder facer un pequeno campo de adestramento que “alivie” o campo principal. Asemade podería ser utilizado para practicar outras disciplinas deportivas.

Por outra banda as gradas que se construíron para dar servizo ao campo de herba artificial non son útiles, xa que ademais do seu reducido tamaño os días de chuvia non abrigan aos espectadores.

Tamén se deberían abordar cuestións de mantemento como son a mellora da limpeza do entorno e o arranxo definitivo do sistema de iluminación.

Iniciativa municipal:
2010-11-09-construcion-campo-adestramento.pdf

Nova na Voz:
2010-11-12-os-nacionalistas-apostan-por-dotar-a-fieiteira-dun-campo-de-adestramento.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *