O BNG logra o apoio do PLENO para o mantemento do GRUMIR de Ribeira

No Pleno do pasado luns, día 25 de outubro, aprobouse unha iniciativa do BNG pola que se acordou reclamarlle á Xunta o mantemento do GRUMIR de Ribeira.

Máis información:

Quince persoas traballan na actualidade prestando á poboación un servizo que a Xunta de Galiza pretende suprimir en Ribeira. Os anos de experiencia acumulada, o forte investimento en equipos e material e formación do persoal así como o gran número de actuacións levadas a cabo (en aumento cada ano) demostra a necesidade deste servizo que Ribeira non pode perder. A intención declarada da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza de crear novos Grumir noutros concellos demostra que non estamos diante dun problema de financiamento, que a Unión Europea garante ate 2013, senón que é un claro exemplo de espir un santo para vestir outro.

Tras a aprobación da moción do BNG o Goberno Local adquire o compromiso de “reclamar da Xunta de Galiza o financiamento polo menos ate 2013”, “instar á Xunta a buscar novas vías de financiamento máis alá de 2013” e de “dar traslado deste acordo plenario á Xunta e á FEGAMP”.

Iniciativa Municipal:
2010-09-16grumirribeira.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *