Demandamos un novo mercado na actual ubicación

O BNG presentou unha iniciativa que se debaterá no Pleno do vindeiro luns, día 25 deste mes, pola que solicita, unha vez máis, que se dote a Ribeira dun novo Mercado Municipal na ubicación actual, procedendo á demolición ou rehabilitación total do vello edificio para construír no seu lugar o novo, trasladando, mentres tanto, a unha localización alternativa os actuais postos de venda.

Tamén lamenta a falta de interese por parte do Goberno do PP que non fixo nada por axilizar a construción dun novo mercado, como demostra o feito de que non xestionara a inclusión de ningunha partida nos orzamentos da Xunta 2011 por este concepto.

Máis información:

O actual Mercado Municipal de Ribeira atópanse nun estado lamentábel, sendo urxente a necesidade de dotarse dunhas novas instalacións, tanto á altura da calidade dos produtos que nel se comercializan, como da que a cidadanía de Ribeira merece e demanda. Despois de moitas promesas incumpridas, mercado virtual do 2007 incluído, o Goberno do PP de Ribeira, que se saiba, a día de hoxe aínda non dispón nin do solar onde poñelo.

Somos conscientes que a localización non é un tema menor. Por esta razón, o BNG presentou unha moción que se debateu en abril do 2009 no que propoñíamos que as instalacións do novo mercado se fixeran na ubicación actual. Isto non foi aceptado polo goberno alegando que non era posíbel, que tan só se comprometeu a axilizar a súa construción, algo que, a vista está, non fixo. Agora, máis dun ano despois de tempo perdido, os servizos técnicos veñen a darnos a razón.

Na ubicación actual hai espazo suficiente para dotarse dun edificio moderno e funcional. Podería contar, ademais, cun amplo aparcamento soterrado se recorremos aos espazos públicos que hai a carón. Deste xeito os vehículos e mesmo as zonas de carga e descarga poderían quedar debaixo e disporíamos na superficie dunha ampla zona verde. Mentres tanto, os postos de venda trasladaríanse a un lugar alternativo, como se fixo noutros concellos, algo co que os vendedores e vendedoras da plaza concordan.

Na actualidade a demanda de novas instalacións para o Mercado é un o clamor tanto por parte de praceiras e praceiros como de usuarias e usuarios: milleiros de sinaturas recollidas e demandas por parte de asociacións como a de Amas de Casa de Ribeira así o constatan.

Iniciativa municipal:
2010-09-17mercado-municipal-ribeira.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *