Solicitamos unha pista multideportiva no Parque do Centenario

No Pleno do vindeiro luns, 25 de outubro debaterase unha iniciativa pola que o BNG lle reclama ao Goberno do PP de Ribeira que faga unha pista multideportiva no Parque Centenario que permita á rapazada poder practicar xogo e deporte.

O BNG de Ribeira leva moito tempo facéndose eco das demandas dos usuarios e usuarias das instalacións deportivas do noso concello. Unha das máis reiterativa é a carencia de espazos axeitados para facer deporte “espontáneo” – deporte que practican fundamentalmente os rapaces e rapazas sen ter quedado previamente para o mesmo-.

Os parques como espazos de convivencia polivalentes deben satisfacer as demandas tanto de nenos e nenas pequenos/as- columpios, chan acolchado, etc.-; maiores –bancos e lugares con sombra-; e tamén dos nenos e adolescentes que queren “xogar un partido”. O noso concelle adoece destes últimos espazos no casco urbano de Ribeira.

Un dos casos máis evidentes é o do Parque do Centenario (antigo Campo da Feira) onde os numerosos/as rapaces e rapazas xogan ao balón nunha zona axardinada, co seu correspondente deterioro da zona verde.

Iniciativa municipal:
construcion-pista-multideportiva.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *