Alerta máxima: o PP invade Ribeira de eólicos e piscifactorías

eolicos-no-monte-da-cidade.jpg
Eólicos no Monte da Cidade e arredores

Eólicos en San Alberte
Eólicos en San Alberte

Parques acuícolas do Corgo e Seráns
Parques acuícolas do Corgo e Seráns

Piscifactoría na Graña
Piscifactoría na Graña

Piscifactoría en Couso
Piscifactorías en Couso

Baixo a premisa de “protexer o noso litoral costeiro” o Goberno do PP hipoteca as vivendas legalmente construidas de moitas e moitos de nós. O mesmo argumento válelle para invadir de eólicos unha inmensa área no Monte da Cidade e arredores e dende San Alberte até Moldes. Ou para consolidar a macro piscifactoría do Corgo (208.000 m2) e tres en Aguiño. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, xulga por ti mesm@.

As zonas raiadas en cor marrón corresponden ao Plan eólico que a Xunta contempla no POL para o Monte da Cidade e arredores e para o entorno de San Alberte. As raiadas en azul aos parques acuícolas. A raiada en verde da segunda imaxe ao Parque Empresarial da Barbanza. Preme na primeira imaxe para acceder aos descargables da web da Xunta se queres ter máis información.

One Comment on “Alerta máxima: o PP invade Ribeira de eólicos e piscifactorías”

  1. Esto é o de sempre: o que sempre pasa nesa terra e sejuro que en moitas outras: todos a roubar e todos a calar; deixamos que fajan todo o que queren e sijen queimando as costas coa basura que lles interesa e movendo os cartos entre eles e sen control; é igual o que sea: urbanizacións, casas, terreos, nejosios… o caso é o baixo e escuro nivel de movemento que está tan á vista pra todos…. e tan escondido porque os que o vemos o permitimos.
    Calquera de nós podería dar nomes de xente que ve ou sabe que estafa…que saca caros do que é de todos…e índa así permitímolo…. fan o que lle da a jana na pequena escala dos concellos porque non hai ninjén que lles poña freno…roubar non está mal visto, inda que sexa de todos. Se podo coller 4 quilos pra que vou coller 2, se me podo meter no axuntamento por que non ocupar un posto ó que se accede con determinados estudios se non teño nin exb?...todo se reduse a aproveitarse dos amijismos e mover influensias….realmente patética naturesa humana.. patética que se vende pola menor merda….
    Haiche moita basura e poucas janas de traballar; non é máis. A eses non lles preocupa dar un paseo pola súa terra e ver o que pasa… a nosa costa está esquilmada para que o chupatintas sen curiosidade pola súa propia cultura se preocupen só de sacar o mersedes da casa…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *